Esta web pode utilizar cookies para mellorar os nosos servizos. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Máis información

Historia

O C.F. Dumbría comezou a súa andaina en Terceira Rexional da Costa, aló pola tempada 1996/97, acadando un meritorio quinto posto na clasificación e chegando a cuartos de final na Copa.

Tres anos en 3ª deron paso ao ascenso, no ano 2000. O paso por segunda rexional deu de sí un segundo posto, un terceiro e un quinto, culminado na tempada 2005/06 co campionato da Liga da Costa, por primeira vez na historia e ascendendo a 1ª autonómica, categoría que mantivemos ata a tempada 2010/11, na cal conseguiríamos o ascenso á Preferente.

No 2001 gañouse a 1ª Copa da Costa nunha emocionantísima final xogada no Campo das Eiroas fronte ao Bergantiños. O segundo título de Copa foi ante o Baio no ano 2005. A 3ª Copa chegaría na tempada 2010/11, derrotando ao UC Cee na final xogada no Conco (3-0). Na tempada 2013/14 seriamos unha vez máis finalistas desta competición, adxudicándonos de forma clara na final que disputamos no Campo de Fontenla ante o Xallas (1-4) e así a nosa 4ª Copa da Costa.