O Club Ciclista Dumbría fundouse no mes de decembro do ano 2011, como unha nova modalidade deportiva dentro do C.F. Dumbría.
Naceu da necesidade de fomentar e agrupar ós afecionados deste deporte no concello e pouco a pouco engadindo afecionados da comarca en xeral.
O club está aberto a tódalas idades, co fin principal de fomentar a práctica do ciclismo nas súas distintas modalidades, mostra delo están as probas cicloturísticas de montaña e carretera como a BTT Dumbría e o Gran Fondo Ezaro, mencionando ademáis as probas federadas de ciclocross e minibtt celebradas no concello.