
Dumbría será sede da Copa Príncipe 2020
A Copa Príncipe terá lugar en Dumbría os vindeiros días 11 e 12 de xaneiro de 2020
O pavillón municipal do Conco, que xa no pasado mes de abril fora sede da fase final de ascenso a Superliga 1, acollerá de novo unha gran competición do voleibol nacional. Despois da boa acollida da fase final de ascenso á Superliga 1, tanto a Real Federación Española de Voleibol coma a Federación Galega de Voleibol volven confiar en nós para a organizaciónn dun evento desta envergadura a nivel nacional
Voleibol Dumbría e Rotogal Boiro loitarán na 13ª edición deste torneo, no que se enfrontarán entre os catro mellores clasificados da Superliga 2 masculina, cruzando aos dous mellores clasificados de cada grupo contra os segundos do grupo contrario.