Convenio de patrocinio

Convenio de patrocinio

Asinado o novo convenio de patrocinio entre a Fundación Deporte Galego e o Club Voleibol Dumbría para a tempada 2025/2026.

A Fundación Deporte Galego ten aprobado o Plan de Patrocinio Deportivo
Fundacional dos equipos de Alta Competición de Galicia da Tempada 2025/2026 –
1ª Fase, cuxo obxecto principal é a promoción e incentivo do deporte e da
práctica deportiva en Galicia, tendo por destinatarias as entidades con
equipos nas máximas categorías estatais absolutas.

O Plan conta con dúas liñas específicas de patrocinio:
– Patrocinio con cargo á liña específica XUNTA DE GALICIA.
– Patrocinio con cargo á liña específica ABANCA

O Club Voleibol Dumbría presentou solicitude para ámbolos dous apartados de
patrocinio, polo que recibirá a través deste convenio o importe de 18.695,21 €, máis o 21% de IVE. Total 22.621,20 €